En decembro do ano 1987 comenzaron as obras para a instalación das oficiñas de Avda Marqués de Figueroa (Perlío - Fene), e un mes despois abreuse ó público a Asesoría.
Dende aquela ata hoxe, o traballo realizado, baseándose na dedicación constante, con formación continua do persoal e a discrección e seriedade no traballo, fai que teñamos unha clientela estable e importante que por sí mesma da a estabilidade necesaria para o funcionamento deste negocio. Proba dos máis de vinte anos de servizo, dano moitos dos clientes, non só de asesoría senón de seguros, que viron como dende que abrimos foi evolucionando a compañía de seguros coa que traballamos, sendo o primeiro contrato de Axencia con “Minerva" que foi integrada no que hoxe é un dos máis importantes Grupos Aseguradores mundiais como é "AXA SEGUROS".